Saturday 04 de May de 2024

O Concello participa nun estudo de investigación sobre exercicio físico en mulleres de 55 a 64 anos


O Concello de Oleiros por medio do Servizo Municipal de Deportes, colabora co grupo de investigación performance & healt group da Universidade da Coruña na realización do estudo sobre as adaptacións cardiovasculares ao exercicio de forza. Este estudo realizarase en mulleres de entre 55 e 64 anos que teñan un xeito de vida activo.

O principal obxectivo é comparar as respostas cardiovasculares (frecuencia cardíaca e tensión arterial) e metabólicas agudas ( gasto enerxético), ante o traballo muscular en mulleres postmenopaúsicas normotensas ou con hipertensión.

Para poder realizar este estudo, é necesaria a participación de mulleres co perfil e idade xa comentando. As interesadas poden contactar cos responsables do proxecto por medio do correo electrónico phg.info.udc@gmail.com , neste correo poderán recibir información máis detallada acerca das condicións para participar no estudo, ao que animanos desde o Concello de Oleiros.